A Pobra do Brollón acollerá o 6 de decembro unha nova edición dos Cantos de Taberna
RibeiraSacraXa
Nesta edición participarán un total de 12 grupos
Cantos de Taberna, A Pobra do Brollón
22 Nov 2024
O Concello da Pobra do Brollón celebrará venres 6 de decembro a décima segunda edición dos seus Cantos de Taberna. A cita terá lugar 18.00 a 23.00 horas e contará coa actuación de grupos tradicionais arredor dos bares do municipio.
Nesta edición participarán un total de 12 grupos, entre os que se atopan Corenta e Chinco, Son do Brollón, Ministreles, Searas, Dakidoasma, Son do Mao, Os Bochetas, Os Somontanos, Cantareiras de Fornelas, As Macizas Centrais, O Trespés e O Recanto.
Pola súa banda, as tabernas participantes serán A Salanova (Salcedo), A Vella Taberna, Avenida, O Pirata, O Fogón (Cereixa) e Primeiro de Maio.