A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte convoca unha concentración para protestar contra o deterioro do sistema de saúde

RibeiraSacraXa
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte convoca unha concentración para protestar contra o deterioro do sistema de saúde
31 Jan 2023

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte convoca para o vindeiro 6 de febreiro unha concentración ás 20.00 horas na Praza de España do concello para protestar polo "deterioro continuo dos servicios sanitarios".

Desde a Plataforma explican que o pasado 25 de xaneiro mantiveron unha reunión con sindicatos e partidos políticos da contorna de Monforte de Lemos, onde xurdiu a idea de realizar unha moción e presentala nos plenos dos diferentes concellos, polo que iso fixeron en Monforte.

Aínda así, convocaron a concentración para queixarse da situación á que están expostas as familias que necesitan atención para a súa saúde, que se queixan a través dun portal de preguntas que abriu a plataforma nas stories de Instagram.

Aí, puidéronse ver mensaxes como "Cando naceu meu fillo chegáronme a dicir que a saber cando lle facían revisión" ou "xa me chamarían, que hai falta de pediatras".

Esta situación dá lugar a un malestar social xeralizado que se porá de manifesto o vindeiro 6 de febreiro.

0.17249298095703