A parroquia de Teilán desfruta das súas festas na honra ao Divino Salvador
RibeiraSacraXa
A parroquia de Teilán desfruta das súas festas na honra ao Divino Salvador durante os días 5, 6 e 7 de agosto
4 Aug 2022
A partir de maña venres día 5 a parroquia de Teilan, no concello de Bóveda, celebra as súas festas que durarán ata o domingo 7 de agosto.
O venres día 5 os asistentes poderán desfrutar dunha pancetada e verbena amenizada polo dúo “La hora bruja”. O sábado 6 ás 13.00 horas terá lugar a misa maior, a procesión e haberá sesión vermú co grupo Montreal. Xa pola noite, será a queda do grupo Os parentes e de novo o grupo Montreal.
E por último o domingo 7, ás 13.00 horas haberá misa, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Pontevedra, quen tamén amenizará a verbena pola noite xunto cunha sesión de fogos de artificio.