A provincia comeza o mes de abril estabilizando o virus
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
1 Apr 2021
A provincia inicia a Semana Santa contendo a expansión da covid pero sen reducir cifras. Así, os casos activos hoxe son os mesmos que onte, 169. Na xornada anterior aumentar en 1 contaxio.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 9 casos novos (onte foron 10). Ademais, as altas chegaron ás 11.671, 10 en 24 horas, o día anterior foron 14.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.056 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.
A presión hospitalaria tamén se mantén con 2 persoas na UCI do Hula mentres en planta son 10 os enfermos, 8 no hospital de Lugo e 2 en Monforte. O de Burela segue libre de covid.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis. Dende mañá quedarán só tres concellos en alerta alta e o resto en baixa:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao, Rábade e A Pobra de Brollón.
- Media. Para incidencia de 150 a 250.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A Mariña
- Incidencia leve en Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo.
- Sen casos novos máis de 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova e Lourenzá.
- Na última semana tampouco tivo Xove e únese Riotorto, que controlou o gromo que o mantivo en niveis de alerta alta a última semana.
Terra Chá
- Guitiriz, que onte rexistraba 15 días sen casos novos, volve ter positivos, aínda que sen relevancia na incidencia.
- Rábade entra mañá en situación de alerta alta pero por debaixo dos dez casos.
- Con incidencia leve están Vilalba, Meira, Cospeito, Begonte, Friol e Guitiriz, todos con menos de dez casos.
- Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, A Pastoriza, Castro de Rei e Xermade.
- Outeiro de Rei e As Pontes están sen casos novos na última semana.
Centro da provincia
- Lugo chega a 36 casos, 5 máis que onte.
- Pedrafita do Cebreiro malia non chegar a dez casos segue con incidencia de nivel medio.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín, O Corgo, Palas e Antas de Ulla.
- Sen casos os últimos 7 están Castroverde e Monterroso.
Comarca de Sarria
- Paradela e Samos seguen con menos de 10 casos pero cunha incidencia elevada.
- Láncara e Sarria, tamén con casos, teñen unha incidencia baixa.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
Ribeira Sacra
- Monforte rebaixa dous casos máis ata 13.
- O Saviñao, en alerta alta non reduce a súa incidencia, pero baixa dos 10 casos.
- A Pobra de Brollón, que volve entrar mañá en alerta alta, segue a ter unha incidencia moi elevada por un novo gromo.
- Pantón e Sober saen mañá da zona de alerta tras mellorar a súa incidencia. Sober xa leva unha semana sen novos positivos.
- Con incidencia baixa están tamén Bóveda, Chantada e Quiroga.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
- Sen casos nos últimos sete días está Taboada.