A imaxe 'Néboa' de Diego Pérez foi a gañadora do VI Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

RibeiraSacraXa
A fotografía Néboa foi a gañadora do VI Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón con 124 votos, feita por Diego Pérez en Santa Mariña de Eiré (San Xulián de Eiré).
7 Jan 2024

A fotografía Néboa foi a gañadora do VI Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón con 124 votos, feita por Diego Pérez en Santa Mariña de Eiré (San Xulián de Eiré).

Pola súa parte, 'O Ángelus' de Javier Díaz Sánchez quedou segunda con 92 votos, unha fotografía tomada no Mosteiro de San Xulián de Eiré; mentres que a terceira gañadora foi 'As cores do solpor' de María Ángeles Parga Vázquez con 71 votos, tomada en Galegos, en San Vicente de Castillón.

Desde a asociación quixeron agradecer a todas as persoas participantes "por facer que este concurso sexa posíbel", xa que, ademais, este ano votaron 504 persoas, "un luxazo", conclúen.

As fotografías gañadoras reflexan paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquera tipo, e debía ser unha imaxe en cor, de autoría propia e que non fora premiada con anterioridade.

0.1396701335907