A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra tamén expresa o seu rexeitamento ao proxecto de Altri

RibeiraSacraXa
Dende a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS) amosan a súa solidariedade coa Plataforma Ulloa Viva e todo o movemento vecinal en oposición á instalación da fábrica de ALTRI en Palas de Rei.
FederacionAsociacionsRibeiraSacra Altri
18 Abr 2024

Dende a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS) amosan a súa solidariedade coa Plataforma Ulloa Viva e todo o movemento vecinal en oposición á instalación da fábrica de ALTRI en Palas de Rei.

Así, din que "o proxecto de macrocelulosa busca obter inxentes fondos públicos, por volta de 300 millós de euros, para facer pasar por economía verde e descarbonizadora algo que non o é, ameazando ecosistemas como o río Ulla e a ría de Arousa e pondo en risco o sector agrogandeiro da comarca da Ulloa. Ameázanse especies protexidas e unha zona catalogada como Rede Natura. Asemade, a produción de fibra a partir de eucalipto afondaría no aumento da superficie desta especie invasora no interior galego, ademais dos riscos na saúde das persoas que provoca esta actividade".

Con todo isto, din que tamén é unha "ameaza de especulación dos nosos recursos por parte de grandes complexos industriais", polo que reivindican a necesidade de plans económicos nas nosas zonas que teñan en conta a sustentabilidade ambiental e a xeración de riqueza entre a poboación.

"As Administracións deberan apostar por investir os 250 millóns de euros de Fondos Next Generation que reclama o proxecto de Altri para ser viable en actividades económicas na zona interior galega que señan medioambiental e socialmente viables, centrándose no necesario desenvolvemento da agrogandeiría sostible, nun contexto de necesidade de soberanía alimentaria", conclúen.

0.19020485877991