A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra organiza o Encontro 2024 no Saviñao

RibeiraSacraXa
A iniciativa será o vindeiro 31 de agosto, no Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, no Saviñao, a partir das 11.00 horas
Fears
30 Ago 2024

A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra organiza o Encontro 2024, que será o vindeiro 31 de agosto, no Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, no Saviñao, a partir das 11.00 horas.

Así, todo comezará coa benvida por parte da FEARS baixo o relatorio ‘A nosa Ribeira Sacra, un territorio de tradición e patrimonio humano’. Tamén haberá unha mesa redonda baixo o nome de ‘O asociacionismo e o funcionamento das Federacións’, na que intervirán a Federación de Federacións Estatais, a Agrupación Miño de Ourense, a Federación de Valladolid e a Federación de Valencia.

Por outra parte, presentarase ‘A Ribeira Sacra e o Patrimonio Mundial, unha visión dese o Ecomuseo Pazo de Arxeriz’; mentres que ás 13.00 horas terá lugar a visita guiada ‘Coñecemos o Ecomuseo Pazo de Arxeriz’, para logo dar lugar ao xantar ás 14.00 horas, no que haberá polbo e churrasco.

Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, no marco do programa Tradigalu, actuará un grupo de música tradicional galega, haberá unha exposición e venda de produtos artesanais e locais, haberá unha ‘Danza do lume’ por Violeta e ‘O monte galego’ por Darija. A festa finalizará cunha queimada.

0.055882930755615