A exposición ‘Elas na Memoria’ chega ao Concello de Pantón
RibeiraSacraXa
Os organizadores, Segredos de Pantón e o Concello, anuncian que estará exposta ata o vindeiro 2 de agosto
14 Xul 2024
A exposición ‘Elas na Memoria’ chega ao Concello de Pantón da man do colectivo Segredos de Pantón e a colaboración do Concello.
Desta maneira, a partir do 16 de xullo, martes, estará habilitada a mostra de luns a venres entre as 10.00 e as 20.00 horas ata o vindeiro 2 de agosto.
Concretamente, estará exposta no 2º andar do edificio sociocultural do Castro da Ferreira e a entrada para poder vela será de balde.
Neste proxecto quérese mostrar a historia de mulleres do hoxe en día, pero que “finalmente son historias vitais e moi importantes”, sosteñen desde o colectivo Segredos de Pantón.