A escritora María Sánchez presentará o seu poemario 'Fuego la sed' na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura Olga Novo acolle o vindeiro 13 de marzo, a partir das 20.
29 Feb 2024

A Casa da Cultura Olga Novo acolle o vindeiro 13 de marzo, a partir das 20.15 horas, a presentación do novo poemario da escritora María Sánchez Fuego la sed.

Fuego la sed é o segundo poemario da escritora e veterinaria cordobesa María Sánchez. "Un libro no que toman a palabra os corpos e os lugares, para contarnos a historia dun perigo: o que axexa a un mundo que se extingue."

Desde o Concello da Pobra do Brollón defenden que "será unha presentación moi especial en formato conversa entre a escritora e a poeta guímara Olga Novo".

0.11922192573547