A Deputación expón na Semana Europa das Rexións o modelo de centros de maiores

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, desprazarase a este evento o vindeiro xoves para intervir coa ponencia We live in Lugo, we are Europe, na que exporá as principais medidas que vertebran as políticas sociais da institución.
maiores residencia coidado saf
12 Oct 2022

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, desprazarase a este evento o vindeiro xoves para intervir coa ponencia We live in Lugo, we are Europe, na que exporá as principais medidas que vertebran as políticas sociais da institución.

A Deputación de Lugo foi seleccionada por terceiro ano consecutivo para participar na Semana Europea de Rexións e Cidades, que se celebrará entre hoxe e o vindeiro xoves baixo o lema Novos desafíos para a cohesión de Europa. Nesta ocasión, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, desprazarase ata Bruxelas este xoves para facer a presentación We live in Lugo, we are Europe (Vivimos en Lugo, somo Europa) para expoñer as principais medidas que vertebran as políticas sociais da institución provincial, en concreto, co seu modelo de residencias.

O Deputado destacou a importancia deste evento, en tanto que “dá voz en Europa ás administracións locais, que somos as máis próximas á cidadanía e que temos moito que ofrecer”.

Rivera Capón centrará a súa exposición en resaltar a Rede de Protección Social da Deputación, que ten como un dos piares a rede de residencias públicas para persoas maiores, ademais do servizo de teleasistencia domiciliaria e o apoio ao servizo de axuda no fogar dos concellos. Con este sistema asistencial, a Deputación favorece o benestar social, a conciliación e xera actividade e emprego sostible, aínda non tendo as competencias en servizos sociais, pois estas recaen na comunidade autónoma, segundo establece o Estatuto de Autonomía.

A institución provincial conta nestes momentos con sete centros públicos de atención a maiores na provincia, situados nos municipios de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Castroverde e Meira, e antes de finalizar o ano abrirá os de Navia de Suarna e Ribas de Sil. 

O orzamento que a institución provincial destina ao ano á rede pública de residencias ascende a 10 millóns de euros, “un esforzo moi importante para unha administración local como é a Deputación, e algo que en Europa teñen moi presente á hora de fixarse na acción de Goberno da nosa institución”.

Ademais, resaltará que a Deputación ten implantado un modelo de xestión dos centros público, con atención personalizada, que favorece o benestar, a calidade de vida e a tranquilidade dos maiores e das súas familias, e que, ademais, ten un retorno económico importante na zona na que se implantan, pois crean emprego sostible no rural e dinamizan a economía local, contribuíndo deste xeito a fixar poboación.  A institución provincial defende que este modelo é extrapolable a calquera territorio rural da Unión Europea.

Un evento referente

A Semana Europea das Rexións e Cidades (#EURegionsWeek) é o maior evento anual que se celebra en Bruxelas dedicado á política rexional. O cumio converteuse nunha plataforma de comunicación e rede única, que agrupa rexións e cidades de toda Europa, incluíndo os seus representantes políticos, empregados públicos, así como expertos e académicos. Este evento contribuíu na súa traxectoria de maneira importante a promover a aprendizaxe de políticas e o intercambio de boas prácticas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17372798919678