A Deputación adxudica o subministro de 1.600 toneladas de sal para a rede de estradas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O material fundente é para os doce silos que ten na provincia co fin de afrontar as inclemencias meteorolóxicas propias do inverno
sal en la carretera nevadas heladas
22 Xan 2022

A Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno deste venres a adxudicación do contrato para o subministro de 1.600 toneladas de sal para a rede provincial de estradas por un importe próximo aos 160.000€ á empresa Ibérica de Sales S.A. O material fundente é para os 12 silos que a institución ten por toda a provincia co fin de afrontar as inclemencias meteorolóxicas propias do inverno, garantindo a circulación e a seguridade nas vías durante as tempadas deste 2022 ao 2024.

Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen lembrou que, ademais de atender as estradas provinciais, a Deputación tamén facilita sal no inverno aos concellos que así o solicitan cando lles resulta necesario.

A Xunta de Goberno tamén sacou adiante hoxe a licitación dos dous últimos lotes do contrato de subministro de equipamento para o Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna, correspondentes aos artigos médicos e cortinaxe, por un importe de 69.000€.

García Porto destacou que este é “un paso máis de cara a cumprir coa previsión que manexamos de abrir o Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna este ano” e lembrou que a día de hoxe a institución provincial ten en funcionamento 7 residencias públicas para maiores en Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Castroverde e Meira. A previsión da Deputación é abrir neste ano 2022 os centros de Navia e de Ribas de Sil.

0.20872592926025