A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pide incrementar a seguridade na praia da Cova

RibeiraSacraXa
No escrito remitido ao Concello explícase que a normativa de augas establece como un uso común xeral o baño nos leitos público
praia_a_cova
28 Xul 2024

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) reitera ao Concello lucense de do Saviñao a importancia de minimizar os riscos no río Miño, na zona de baño coñecida como Praia da Cova. No escrito remitido ao Concello explícase que a normativa de augas establece como un uso común xeral o baño nos leitos públicos e, así mesmo, regula a actividade de navegación e flotación como un uso especial suxeito a Declaración Responsable.

Ambos os usos do dominio público hidráulico non resultan incompatibles entre si, pero pode existir risco de accidentes se se desenvolven de forma intensiva e simultánea na mesma localización, de aí a necesidade de implementar o adecuado balizamento que minimice eses riscos.

“Trátase de harmonizar o goce dos leitos fluviais co bo uso e a seguridade das actividades que se desenvolvan; neste sentido, instouse ao Concello a solicitar autorización para instalar os elementos necesarios que acouten as zonas de fondeo, accesos, zonas máis perigosas...”,x explicou o presidente. “Sen esquecer que a competencia de declaración de zonas de baño é unha competencia autonómica, calquera elemento para instalar en DPH ha de ser autorizado previamente polos organismos de conca”, matizou.

Neste mesmo sentido e atendendo á necesidade de planificación do DPH no emblemático paraxe que constitúe a Ribeira Sacra,  a CHMS redactou un estudo para ordenar a navegación e a atracada, no que se segue traballando, co ánimo de evitar a masificación e a desorde existente de estruturas no leito que producen efectos adversos na natureza e o patrimonio, todo iso co interese de conter a degradación actual deste lugar emblemático, contribuíndo a favorecer a súa designación como Patrimonio da Humanidade.

0.15127491950989