A concelleira de Medio Rural destaca en Monforte o papel da muller no medio rural galego

RibeiraSacraXa
María José Gómez participou este xoves nun relatorio na Torre de Lemos
María Joé Gómez nun relatorio en Monforte
María Joé Gómez nun relatorio en Monforte
19 Dec 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, realizou este mércores unha visita ao colexio Torre de Lemos, en Monforte, invitada polo seu director, Luis Conde, e impartiu un relatorio ao alumnado do centro. A intervención da conselleira centrouse, entre outros aspectos, en poñer en valor a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia, que definiu como referentes do marco legal vixente e como garantes da convivencia e do sistema democrático.

Ademais, Gómez salientou tamén a importancia do rural e as moitas posibilidades que ofrece este ámbito, tanto desde o punto de vista profesional e laboral como, en termos xerais, para desenvolver un proxecto de vida. Referiuse, así mesmo, á súa traxectoria política persoal e, neste contexto, destacou o papel protagonista que acada, cada vez máis, a muller neste eido, así como a relevancia que ten este colectivo, a todos os niveis, no rural galego.

0.16415905952454