A Casa da Cultura Olga Novo será o escenario dunha charla sobre o conflito en Palestina
RibeiraSacraXa
A charla será a cargo de Óscar Valadares, especialista en Oriente Medio e portavoz de Mar de Lumes
14 Maio 2024
O Concello da Pobra do Brollón organiza unha charla sobre o conflito entre Gaza e Israel, coincidindo co 15 de maio, aniversario da Nakba, un termo que significa “catástrofe” ou “desastre” en árabe, e é coñecido como o éxodo palestino de 1948 tras a expulsión forzada de máis 700.000 persoas, moitas das cales refuxiáronse en Gaza.
A charla será a cargo de Óscar Valadares, especialista en Oriente Medio e portavoz de Mar de Lumes, a partir das 20.30 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, onde Valadares contextualizará e explicará o conflito dende a Nakba ata a actual invasión de Rafah na Franxa de Gaza.
Trala charla, procederase a ler un manifesto diante da Casa do Concello en condena da invasión e en solidariedade co pobo palestino.