A Casa da Cultura da Pobra do Brollón acollerá un obradoiro para manexar o estrés e a ansiedade
RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura da Pobra do Brollón acollerá un obradoiro para manexar o estrés e a ansiedade para maiores
31 May 2023
A Pobra do Brollón acolle o vindeiro 13 de xuño un obradoiro de manexo de estrés e ansiedade dirixido a persoas maiores e poboación en xeral organizado pola Axencia de Coñecemento en Saúda (ACIS) e impattido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
O obradoiro, que se impartirá desde as 17.00 ata as 21.00 horas, ten como obxectivo ensinar ás persoas participantes a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación vital.
As persoas que queiran participar deste obradoiro que terá lugar na Casa da Cultura, poderán facelo inscribíndose previamente e estará impartido polo profesor José Luís Castro Feijóo, psicólogo sanitario e pola programadora Begoña García.