A asociación Prodeme e a ONG Sogaps celebraron unha Xornada de Convivencia
A asociación Prodeme convidou ás familias acolledoras do programa 'Vacacións en Paz' da ONG Sogaps a gozar dunha bonita xornada de convivencia xunto aos usuarios da asociación.
A xornada comezou cunha comida no comedor do centro, onde familias e usuarios compartiron momentos de camaradería e amizade. Posteriormente, a tarde trasladouse á piscina que o propio centro ten dentro das súas instalacións, brindando un espazo de relaxación e diversión para todos os asistentes.
Esta invitación xurdiu grazas á participación de traballadores da asociación e voluntarios, quen tamén forman parte das familias acolledoras do programa.
"Tentamos poñer o noso gran de area para que estes nenos e nenas gocen deste tempo que van pasar en Monforte e tentar que coñezan o mundo da discapacidade tal e como nós coñecémola, algo positivo e do que todo o mundo pode aprender moitas cousas", destaca Julio Cortiñas, xerente de Prodeme.
"O mundo da discapacidade ensínanos a valorar as pequenas cousas da vida e a ser agradecidos polo que temos. Lémbranos que a verdadeira felicidade non reside na perfección, senón na capacidade de gozar e aproveitar cada momento. Estamos inmensamente agradecidos á Asociación Prodeme, por esta fermosa xornada que nos acaba de agasallar e que os nenos e nenas xamáis esquecerán" Di Alberto Pérez, delegado de Sogaps.
Esta xornada non só fomentou a integración e o entendemento, tamén creou recordos inesquecibles e valiosos ensinos para todos os participantes.