A Asociación Galega de Apicultura celebrará en Chantada o 'Simposio Vespa Velutina 2024'
A Asociación Galega de Apicultura organiza o vindeiro sábado, 9 de novembro, o 'Simposio Vespa Velutina 2024', que se celebrará no Auditorio Municipal de Chantada.
Con esta actividade, explican dende a asociación, pretenden “dar unha sinal de alerta ante o que pode ser o fin do noso oficio en Galicia”. Por iso, diferentes expertos na materia analizarán a situación actual desta especie invasora e as mellores formas para combatela e controlar a súa poboación.
“Trátase dun problema difícil de dar visibilidade, de entender que consecuencias ten e sobre todo difícil de que a sociedade asuma o que conleva, atopámonos con moitos problemas á hora de facer entender ás administracións públicas a necesidade que ten o sector de atopar métodos de control”, explican os organizadores.