A Asociación Fonte do Milagro recupera o seu tradicional Certame de Pintura ao aire libre

RibeiraSacraXa
O vindeiro 10 de agosto as persoas interesadas poderán participar pintando motivos relacionados co Xeoparque Montañas do Courel
Certame-Pintura-ao-aire-libre-Asociación-Fonte-do-Milagro
17 Xul 2024

A Asociación Fonte do Milagro recupera o seu tradicional Certame de Pintura ao aire libre coa colaboración do Xeoparque Montañas do Courel, que terá lugar o vindeiro 10 de agosto.

Desta maneira, a temática do certame xirará arredor da paisaxe tanto rural como urbana, dos seus monumentos naturais e artificiais, das personaxes e de todo aquello que garde relación co Xeoparque Montañas do Courel.

O día 10 de agosto as persoas participantes, que poderán participar na categoría xeral se son maiores de 15 anos e na infantil se teñen entre 4 e 14 anos, disporán dun mapa con descrición dos límites e deberán enviar a localización onde realicen o traballo.

Así, todas as persoas interesadas en participar poderán facelo enviando os seus datos á dirección emendezvila1961@gmail.com ou chamando ao teléfono 619025252 e se se apuntan antes do 4 de agosto recibirán un agasallo da organización.

Con respecto á entrega das obras, que serán de máximo 100 cms e 60 cms de mínimo na xeral e libre na infantil, deberán ser entregadas o propio día 10 de agosto ás 18.00 horas no bar O Pontón de Ferreirós de Abaixo, na estrada LU-651. Despois, ás 19.30 horas, o xurado fallará a favor dunha obra e saberase o gañador, para logo, 20 horas despois, ter lugar a entrega de premios.

Desta maneira, na categoría infantil o premio será material didáctico, e na categoría xeral o primeiro premiado levará 1000 euros, o segundo 600 euros, e para os 6 seguintes, 350 euros de accésit.

0.19928288459778