A Asociación de Mulleres Rurais Amencer de Bóveda vén de facer unha excursión a Chantada
RibeiraSacraXa
Aproveitaron tamén para dar un paseo polo pobo Pazos de Arenteiro, no Concello de Boborás, en Ourense
8 Xul 2024
A Asociación de Mulleres Rurais Amencer de Bóveda vén de facer unha nova excursión con parada en Chantada para visitar o centro do pobo, as dúas igrexas e a igrexa de San Salvador de Asma.
Tamén fixeron parada no Mosterio de Oseira, visita ao museo etnográfico do Arenteiro no Carballiño: paseo pola zona e entrada ao Museo do Muíño do Anxo.
Aproveitaron tamén para dar un paseo polo pobo Pazos de Arenteiro, no Concello de Boborás, e para coñecer a igrexa do Carballiño, a Veracruz.