A Asociación de Mulleres Landra de Taboada organiza unhas xornadas contra a violencia de xénero
A Asociación de Mulleres Landra de Taboada organiza, xunto ao Concello de Taboada, e da man de Fademur, unhas xornadas contra a violencia de xénero este mércores, 29 de novembro, ás 16.30 horas.
Así, o cuartel vello acollerá esta iniciativa gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas, na que a presidenta da asociación, Ana Vila Portomeñe, será a encargada de presentar a asociación e as xornadas.
Ademais dela, tamén participarán nestas xornadas José Santiago Romay Roel, capitán e xefe da Compañía de Monforte de Lemos; Antía Tomil Iglesias, técnica de Fademur Galicia; María Luisa Castro Rodríguez, xefa da área da unidade contra a violencia de xénero na Subdelegación do Goberno de Lugo; e Verónica Marcos Arrojo, presidente de Fademur Galicia.
https://galiciaxa.com/2023/03/rsxa/zonas-rsxa/taboada-rsxa/198270/