A área recreativa de Mogoxe no Courel está cada vez máis preto
Asinado o pasado venres un convenio de colaboración para o acondicionamento da área recreativa de Mogoxe de Folgoso do Courel para consolidar o atractivo turístico do Concello.
Grazas a dito convenio, vanse investir 300.000 euros na súa adecuación.
As actuacións nesta zona emprazada á beira do río Lor permitirán dotar ao municipio dunha área de baño e lecer para consolidar o atractivo turístico do concello e ampliar e complementar nos meses de verán a oferta baseada na natureza e o patrimonio etnográfico.
Os traballos incluirán a adecuación da zona de parada para transporte público, a construción dunha rampla de acceso en madeira, así como a creación de dúas zonas de xogos cunha pista de volei-praia e un parque infantil, a colocación de mesas con bancos de lousa e a plantación de árbores. Deste xeito, posibilitarase, tanto ás familias do municipio como aos turistas, desfrutar dunha área de interese turístico na que se fomenta ao mesmo tempo o respecto polo medio natural.
Así mesmo, lembrouse que Galicia é un destino seguro, de calidade e sostible que parte con vantaxe no escenario postcoronavirus ao ofrecer espazos abertos en contacto coa natureza para desfrutar dun turismo tranquilo e seguro sen masificacións. Nesta liña, incidiuse en que o seguro coronavirus que xa está en vigor e cubre ao cubrir os gastos de infección por covid19 ou por prolongar a corentena, ofrecerá un plus de tranquilidade aos turistas e peregrinos que visiten a comunidade e que Galicia xa está preparada para recibir.