A 50ª Subida a Chantada reuniu a 80 pilotos

RibeiraSacraXa
Neste clásico evento deportivo, co que un ano máis colaborou a Deputación, participaron 80 pilotos durante toda a fin de semana
50ª-Subida-a-Chantada
29 Xul 2024

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou no auditorio da localidade na entrega de premios da 50 edición da Subida a Chantada, organizada pola Escudería Chantada. Neste clásico evento deportivo, co que un ano máis colaborou a Deputación, participaron 80 pilotos durante toda a fin de semana.

Pilar García Porto felicitou aos gañadores e aos organizadores “por acadar unha vez máis un novo éxito, e facer desta cita un referente no panorama nacional das competicións do motor”. Sinalou a Deputada, que estes días as rúas de Chantada viviron un espectáculo de alto nivel automobilístico coa participación dalgúns dos mellores pilotos, polo que, “grazas a este evento deportivo milleiros de persoas entre público, pilotos e acompañantes, achegáronse a desfrutar da nosa provincia e da Ribeira Sacra”.

0.18881821632385