59 alumnos do Programa Integrado de Emprego de Chantada contan xa con contratación laboral

RibeiraSacraXa
59 alumnos do Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada contan xa con contratación laboral por conta propia ou allea
obradoiro emprego chantada
29 Nov 2022

O Programa Integrado de Emprego 21/22 do Concello de Chantada que chegou á súa fin coa celebración dun acto de clausura no municipio, conta xa con 59 integrantes con contratación laboral, por conta allea ou propia.

Neste Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada participaron os municipios de: Carballedo, Taboada, O Saviñao, Sober, Bóveda, Pantón, Paradela e Chantada.

O obxectivo principal é mellorar a inserción laboral das persoas en situación de desemprego proporcionando información, orientación, asesoramento, formación, intermediación e prospección de emprego.

O número de persoas participantes desta quenda foi superior a 100 entre tódolos concellos membros.

Para formar parte deste programa débese estar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego. Para máis información acerca desta ou outras iniciativas, pódese acudir ó Concello de Chantada con cita previa de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e tamén baixo demanda nos outros concellos.

Na próxima anualidade do plan, participarán estes oito concellos e tamén os de Coles, A Peroxa e Cea.

0.18032312393188