57 concellos recibirán achegas para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
57 concellos da provincia de Lugo levarán a cabo accións encamiñadas a fomentar a igualdade e a previr a violencia de xénero.
violencia xenero
30 Jun 2021

57 concellos da provincia de Lugo levarán a cabo accións encamiñadas a fomentar a igualdade e a previr a violencia de xénero para o que recibirán unha achega da Consellería de Emprego e Igualdade.

O obxectivo destas achegas, que afectarán ao 85% dos concellos, permite impulsar medidas de igualdade no ámbito local, co dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e avancen na erradicación da violencia de xénero.

Ao abeiro desta convocatoria, O Goberno galego financia actuacións de catro programas. A maior contía vai destinada ao funcionamento da rede de Centros de Información á Muller (CIM), integrada por 11 centros (Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro e Burela) que dan cobertura a 37 concellos.

As axudas concedidas para o mantemento dos CIM suman preto de 570.000 euros e permitirán soster 29 postos de traballo de persoal de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica e axentes de igualdade.

Outra das liñas destina 282.338 euros a financiar accións de fomento da conciliación en 23 concellos: O Corgo, Outeiro de Rei, Castroverde, Rábade, Guntín, Xove, Ourol, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Xermade, Guitiriz, Muras, Pol, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Sober, O Saviñao, Becerreá, Baralla, O Incio e Sarria.

En canto ao programa orientado á posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, na convocatoria deste ano destínanse 124.900 euros para 24 entidades locais con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Os concellos beneficiarios son Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Xove Becerreá, A Fonsagrada agrupado con Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Baleira, Pol, A Pastoriza, Cospeito, Antas de Ulla, Palas de Rei, Xermade, Begonte, Carballedo, Folgoso do Courel, Sober, Portomarín, Rábade, Paradela e Sarria agrupado con Láncara.

Por último, na liña orientada a financiar programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero, a Xunta concedeu 12.000 euros ao concello de Guitiriz.

López Abella e Arias salientaron que todas estas medidas teñen por obxecto fomentar a igualdade desde o ámbito municipal, que resulta idóneo por ser o máis próximo á cidadanía e coñecer a situación específica da súa poboación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1919059753418