A Asociación de Veciños de Parteme denuncia a inacción do Concello de Quiroga

RibeiraSacraXa
A Asociación de Veciños de Parteme denuncia a inacción do Concello de Quiroga tras diversos requerimentos que se lles enviou
Asociacion Veciños Parteme Quiroga
27 Feb 2023

Desde a Asociación de Veciños de Parteme en Quiroga denuncian que levan enviados 21 escritos ao Concello de Quiroga sen obter resposta, tendo que recorrer ao Valedor do pobo, o cal tamén lles enviou varios escritos, sen obter tampouco resposta de porque non lles contestan nin contan con eles.

O motivo destas misivas é que a Deputación de Lugo concedeu ao pobo de Parteme dúas partidas do Plan Único, as cales debían ser executadas polo Concello de Quiroga en infraestruturas e rozas, pero o fixeron, senón realizou obras "noutra parte distinta onde o pavimento estaba en boas condicións e con relación ás rozas seguen sen executarse", explican.

Os veciños de Parteme piden fosas sépticas, desaugadoiros, rozas, arranxo de rúas, abastecementos de auga potable para as casas, actualización da iluminación pública, limpeza de camiños públicos.

Por isto, desde a Federación de Asociacións Veciñais da Provincia de Lugo propoñen que por parte do Concello de Quiroga se estableza un dialogo, un entendemento e unha colaboración cos veciños de Parteme.

0.13870787620544