Rebuldeira Teatro chega este domingo a Escairón coa obra Fráxiles

RibeiraSacraXa
Rebuldeira Teatro chega este domingo a Escairón coa obra Fráxiles, no Auditorio Municipal de Escairón ás 18.00 horas
rebuldeira sarria5
8 Dec 2022

A compañía de teatro Rebuldeira, de Sarria, representará este domingo 11 Fráxiles no Auditorio Municipal de Escairón ás 18.00 horas.

Fráxiles é unha historia de historias, ás veces non tan fráxiles nin delicadas. Construída con fragmentos, anacos e con elementos aparentemente alleos, pero que conforman un universo, no que resucita de súpeto una roseira morta.

Unha costureira pega un crucifixo á parede con cemento para que os milicianos non o retiren, unhas irmás despídense do seu irmán que vai á guerra, unha pintora tenta con toda a súa alma vender un cadro, unha muller necesita a axuda heroica dos seus veciños para matar un rato, dous comerciantes de gando descobren que a súa axudante considera que son perigosamente intelectuais, un percusionista dunha banda militar ofrece un concerto de pratos, un soldado envía un amigo fotógrafo á casa da súa moza para fotografala espida, unha avoa cóntalle a súa neta a historia de Santa Casilda, que converteu as rosas en pan...

Rebuldeira Teatro, membro da Federación Galega De Teatro Afeccionado, achega esta obra a tódolos públicos o vindeiro domingo día 11 no Auditorio de Escairón. Esta iniciativa conta coa colaboración de Vicepresidencia, Área de Cultura da Deputación de Lugo. A entrada será gratuíta.

rebuldeira osaviñao
0.20061683654785