Taboada súmase á homenaxe ás cantareiras polas Letras Galegas

RibeiraSacraXa
Dende o Concello piden a colaboración da veciñanza para recadar fotografías das cantareiras de Taboada anteriores a 1980
letras-galegas-cantareiras
17 Mar 2025

O Concello de Taboada súmase á homenaxe ás cantareiras galegas con motivo das Letras Galegas de 2025. Dende a Área de Cultura explican que están organizando a súa propia homenaxe, para o que piden a colaboración veciñal para recadar fotografías das cantareiras do municipio.

Concretamente, o Concello busca fotografías de persoas de Taboada bailando ou tocando algún instrumento como a pandeireta, que sexan anteriores a 1980, así como información que poida ser de interese.

As fotografías poderán ser presentadas ata o 17 de abril, escaneadas a través do correo joseportela@concellodetaboada.es, ou chamando ao 657 151 191 para xestionar a recollida de forma presencial.

⚙ Configurar cookies
0.42442202568054