Taboada inaugura a nova pérgola na Praza de Riazón

RibeiraSacraXa
A nova estrutura ofrece zonas de sombra que respectan a circulación natural e o uso aberto da praza
pergola-alameda-taboada
9 Dec 2025

Este luns, 8 de decembro, o Concello de Taboada inaugurou oficialmente a nova pérgola na Praza de Riazón, un proxecto impulsado pola Tenencia de Alcaldía co obxectivo de mellorar a funcionalidade e a estética deste emblemático espazo do centro urbano.

O acto contou coa participación do tenente de alcalde, José Portela, que destacou a importancia desta actuación dentro do plan de rexeneración da Alameda e do núcleo urbano de Taboada. Tamén interveu o deseñador Pablo Dafonte, responsable do proxecto, e a xornada incluiu unha actuación musical de The Lioness Treasure, ademais dun aperitivo para as veciñas e veciños que quixeron compartir a celebración.

A nova estrutura ofrece zonas de sombra que respectan a circulación natural e o uso aberto da praza, cumprindo co compromiso adquirido coa comunidade de recuperar a harmonía visual do lugar e facilitar un espazo máis cómodo para o encontro e a convivencia. Desde o Concello convidan a toda a cidadanía a desfrutar deste renovado espazo pensado para fomentar a vida comunitaria e o disfrute colectivo.

⚙ Configurar cookies
0.076541900634766