Sober presenta a obra La hora de las golondrinas
RibeiraSacraXa
O Concello de Sober acolle o vindeiro 23 de outubro a presentación do libro La hora de las golondrinas, de Eleonor Gil.
13 Oct 2021
O Concello de Sober acolle o vindeiro 23 de outubro a presentación do libro La hora de las golondrinas, de Eleonor Gil. A autora, nada en Madrid, escribe por afección e por pura paixón. En 2017 publicou a súa primeira novela Huellas, e agora afronta un novo reto con La hora de las golondrinas.
Esta novela, publicada no 2020, reivindica, sobre todo, a aventura de vivir coma unha forma marabillosa. Así mesmo, nela aparece a Ribeira Sacra en dous momentos da súa historia.
A cita levarase a cabo ás 12 horas e entra dentro do calendario de actividades culturais de outubro e novembro que se celebrará no Concello de Sober.