Sober ofrece unha programación cultural en setembro
Chega neste mes de setembro unha ampla programación cultural en Sober. Así pois, repartiranse diferentes espectáculos e concertos en catro días cheos de música e ambiente festivo.
Así pois, o 7 de setembro comezarán as xornadas culturais cunha cata de iniciación da Ribeira Sacra. Esta realizarase no centro sociocultural ás 17.30 horas e é imprescindible inscrición previa.
Xa o 17 de setembro chegará o concerto de Luar na Lubre, que se levará a cabo ás 22 horas na praza do Concello. A continuación, o sábado 18 de setembro levarase a cabo unha xornada completa chea de actuacións. Xa pola mañá, a Asociación Cultural O Castro realizará unha sesión matinal na praza do Concello.
Chegada a tarde, ás 19 horas, Asdomare protagonizarán unha sesión de narración oral e música na praza do Toural e, seguidamente, O Fiadeiro dará un concerto de música folk ás 21 horas na praza do Concello. Para rematar a xornada, ás 22 horas, A Roda protagonizará un concerto na praza do Concello.
Para poñer punto e final a estas xornadas, o domingo 19 de setembro realizaranse tamén unha serie de actuacións ao longo do día. Así pois, ás 11.30 horas a banda de música de Sober fará unha sesión matinal. Xa pola tarde, chegará a comedia musical Piscore: Concerto singular e, por último, ás 22 horas a orquestra Os Satélites encherá de música a praza do Concello.
Así pois, dende o Concello recordan que para os concertos de Luar na Lubre, A Roda e Os Satélites é imprescindible reservar entrada na Oficina Municipal de Turismo.