Pablo Graña asumirá a alcaldía de Xunqueira de Espadanedo
RibeiraSacraXa | OurenseXa
Carlos Gómez anunciou a súa renuncia tras 12 anos no cargo

7 Sep 2025
O ata agora alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez, formalizou este venres a súa renuncia ao cargo despois de 12 anos á fronte da alcaldía, que será asumida agora por Pablo Graña, ata o de agora tenente de alcalde.
A toma de posesión será este martes, 9 de setembro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Concello.