Organizan visitas ao xacemento de Proendos en Sober

RibeiraSacraXa
O 28 de setembro, o Concello de Sober organiza unha visita guiada ás sondaxes arqueolóxicas realizadas no xacemento de Proendos
cartel proendos sober escavacion
25 sep 2021

O vindeiro martes 28 de setembro, o Concello de Sober xunto con Tempos arqueólogos, organizan unha visita guiada ás sondaxes arqueolóxicas realizadas no xacemento de Proendos no ano 2021.

Neste xacemento comezouse fai relativamente pouco cunha nova escavación. A actuación que se está a levar a cabo é a apertura da parte suroeste do hórreo romano aínda sen escavar atopado nos anteriores traballos, un achado que podería converterse no máis grande de Galicia e o primeiro da Comunidade vinculado a unha vila romana.

A maiores, levan a cabo traballos de escavación preto da igrexa para analizar a posible existencia dun posible columbario formado por varias estruturas circulares.

Cómpre recordar que no traballo de campo anterior saíron á luz numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o século I ata o século V.

A cita realizarase ás 17 horas, na igrexa parroquial de Proendos. Así mesmo, levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes, polo que será obrigatorio o emprego de máscara.

cartel visitas proendos sober
0.14191603660583