O PP de Monforte pide mellorar a seguridade no paso a nivel do barrio da Florida

RibeiraSacraXa
Os populares levarán a pleno unha moción para pedir ao Concello que inste a a Adif a mellorar a seguridade logo do atropelo rexistrado na noite deste domingo
pasos-a-nivel-tren-Monforte
Imaxe dun paso a nivel en Monforte de Lemos
12 Jan 2026

O PP de Monforte pide máis seguridade no paso a nivel do barrio da Florida logo do atropelo rexistrado na noite deste domingo. É o segundo rexistrado dende a posta en funcionamento desta infraestrutura despois das obras na liña ferroviaria, polo que os populares solicitan a instalación dunha baliza de forma que “non só haxa un peche para vehículos, senón un peche físico para os peóns” e tamén sinais sonoros porque “na actualidade non hai ningún tipo de son de advertencia”.

A portavoz, Katy Varela considera que “se deben reforzar as medidas para garantir a seguridade dos peóns”, especialmente tendo en conta que “neste barrio vive moita xente maior, nalgúns casos con problemas de visión que lles impide ver se algún tren se aproxima”. Lembra que dende o seu grupo xa pediu formalmente fai meses ante o Pleno do Concello que o alcalde instase a Adif adoptar medidas para garantir a seguridade neste punto. Unha petición que, tras o último accidente, volverán a levar a pleno.

⚙ Configurar cookies
0.078625917434692