O espectáculo Ritmo do camiño chega a Chantada
RibeiraSacraXa
Chantada acolle o vindeiro sábado 11 de setembro o espectáculo Ritmo do camiño, que virá a cargo de Odaiko.
6 sep 2021
Chantada acolle o vindeiro sábado 11 de setembro o espectáculo Ritmo do camiño, que virá a cargo de Odaiko.
A actuación está baseada nos tres piares do folclore: percusión, danza e voz; tres elementos abrazados da contemporaneirade e da frescura que Odaiko aporta o panorama musical.
Partindo da base de catro licenciados en percusión clásica e de grandes representantes da danza como son Nova Galega de Danza, nas gaitas acompañarán nestes 15 anos, Budiño e Anxo Lorenzo, nas voces Guadi Galego e Xiana Lastra....
A cita levarase a cabo ás 18 horas, na praza de España de Chantada. Así mesmo, a actuación está dirixida a todos os públicos e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias.