O espectáculo Punkdemia chega a Seoane do Courel

RibeiraSacraXa
O programa estival para público infantil chega este venres a Seoane do Courel, co espectáculo Punkdemia, de Peter Punk Pallaso.
Punkdemia peter punk pallaso
31 Ago 2021

O programa estival para público infantil chega este venres a Seoane do Courel, co espectáculo Punkdemia, de Peter Punk Pallaso.

A función de clown, malabares e globoflexia, organizada coa colaboración da Asociación San Xoán desta localidade, realizarase no campo da feira, con entrada libre ata completar a capacidade do recinto, seguindo as normas de prevención fronte á covid.

Isaac Rodríguez Miranda, Peter Punk, presentará o venres 3 de setembro ás 19 horas no campo da feira de Seoane do Courel este espectáculo infantil e familiar cunha visión particular sobre os novos tempos aos que nos temos que adaptar, nunha proposta que conxuga elementos de circo, malabares, humor e clown.

A través de catro fases asistiremos ao seu modo de ver a pandemia, a nova normalidade e mesmo as vacinas, co propósito de facer unha desescalada segura que derribe todos os muros que nos fomos topando polo camiño.

A actuación, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa que colaboran a Asociación Cultural San Xoán de Seoane do Courele e o Concello de Folgoso do Courel, forma parte da programación Verán Infantil, que inclúe distintas propostas escénicas e musicais para a cativada. Ademais de Punkdemia, forman parte do ciclo os espectáculos Extra! de Paco Nogueiras, Rockeando con Ramona Órbita de Paco Cerdeira Pakolas, A Gramola Gominola, os concertos do grupo Cozorellos Salvaxes e os pasarrúas de Guateque Roll. En total, programáronse 18 actuacións, en colaboración con distintas asociacións culturais.

0.16071486473083