O Concello de Taboada asina un convenio coa Deputación de Lugo para mellorar a rede viaria

RibeiraSacraXa
Taboada recibirá 50.000 euros para renovar maquinaria e acometer traballos de rexeneración no acceso ao lugar de Gulfar, en Xián, e na pista que conecta a estrada N-540 co lugar de Fontefría, en Torre
roi-rigueira
30 Dec 2025

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, asinou un convenio coa Deputación de Lugo polo que o Concello recibirá 50.000 euros para mellorar a rede viaria municipal e renovar o parque de maquinaria. Con este acordo levaranse a cabo traballos de rexeneración no acceso ao lugar de Gulfar, en Xián, e na pista que conecta a estrada N-540 co lugar de Fontefría, en Torre.

Ademais, parte da inversión destinarase á adquisición de novos equipos para o parque de maquinaria municipal, como unha cizalla forestal acoplable á pala, un martelo demoledor profesional e un xogo de rampas para facilitar a carga do dumper e a minipala no camión de obras, o que mellorará o uso da maquinaria nas diferentes parroquias do municipio.

“Coa adquisición destes novos equipos seremos capaces de chegar a máis recunchos do noso municipio, grazas a que poderemos transportar tanto o dumper como a minipala. Ademais, a brigada de obras traballará con máis eficacia, pero sobre todo con máis seguridade”, destaca o alcalde.

⚙ Configurar cookies
0.078876972198486