O Círculo Saviñao acolle unha exposición e a presentación dun libro

RibeiraSacraXa
Este sábado, 4 de setembro, ás 19 horas, na terraza do Círculo Saviñao, preséntase o libro Lembranzas e Sentimentos de Antonio Lois.
Letreiro benvida O Saviñao
1 sep 2021

Este sábado, 4 de setembro, ás 19 horas, na terraza do Círculo Saviñao, preséntase o libro Lembranzas e Sentimentos de Antonio Lois, escritor e poeta que foi veciño de Castro de Mourelos -O Saviñao- e actualmente de Barcelona.

Tamén recitará algunha das máis recentes creacións e mostrará a súa faceta de creador audiovisual.

Antonio é economista e técnico en estampados, tintes e acabados textiles. Participou en numerosas publicacións colectivas de poesía e colabora na revista mensual dixital pontevedresa De Vella a Bella.

Actualmente participa na Coletánea de Literatura e Artes Cultura sen Fronteiras de poetas portugueses e españoles.

Por outra beira, o domingo, 5 de setembro, tamén ás 19 horas, inaugúrase unha nova exposición de Jesús Fernández López, que tamén foi veciño de Escairón, que titulou Ribeira Sacra- Costa da Morte.

Así mesmo, a exposición pódese visitar ata o vindeiro 3 de outubro e o aforo será limitado.

Antonio Lois cartel presentacion libro
cartel exposicion circulo savinao
0.089063167572021