O Círculo Saviñao acolle a mostra Ribeira Sacra-Costa da Morte
RibeiraSacraXa
O Círculo Saviñao acolleu a inauguración da nova exposición Ribeira Sacra- Costa da Morte, do pintor e veciño de Escairón Jesús López.
7 Sep 2021
O Círculo Saviñao acolleu a inauguración da nova exposición Ribeira Sacra- Costa da Morte, do pintor e veciño de Escairón Jesús López, coñecido artísticamente por Suso Talento.
O título da mostra vén dado polas paisaxes da súa terra de nacemento e de onde desenvolveu a súa vida laboral. Coma sempre, estivo acompañado por
socios e achegados que lle quixeron manifestar o seu aprecio e coñecer a súa obra máis recente.
Así mesmo, dende o Círculo Saviñao deron utilidade de novo á terraza de verán para compartir un tempo de amizade e de tertulia. Ademais, hai que recordar que a exposición se pode visitar ata o 3 de outubro no local social.