Música e maxia en Chantada a fin de semana

RibeiraSacraXa
O Concello de Chantada continúa realizando diferentes actividades culturais e de lecer neste mes de setembro.
concerto carta ajuste circulo savinao
7 sep 2021

Chantada continúa realizando diferentes actividades culturais neste mes de setembro. Desta maneira, esta fin de semana levaranse a cabo dúas actuacións na praza do Cantón, para amenizar a xornada do venres e do sábado.

Así pois, o venres 10 de setembro será o turno de Carta de Ajuste, a partir das 21 horas. Este é un proxecto basado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico. Así mesmo, o concerto contará coas medidas sanitarias correspondentes.

En canto ao sábado 11, Álex Louzao será o protagonista da cita a través dun espectáculo de maxia que realizará a partir das 20 horas e que está dirixido a todos os públicos.

Ademais, hai que recordar que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes; por unha beira o emprego de máscaras, sentarse en cardeiras nas actuacións, entrada libre ata completar aforo e rexistro dos asistentes.

cartel concello de chantada carta de ajuste
alex louzao chantada cartel
0.21094298362732