Monforte inicia unha campaña para a reciclaxe de aceite de cociña usado

RibeiraSacraXa
Monforte inicia unha campaña para a reciclaxe de aceite de cociña usado dirixida a todos os monfortinos e monfortinas
Reciclar aceite
11 Nov 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer a posta en marcha dunha nova campaña medioambiental encamiñada a proporcionar información sobre a recollida e reciclaxe aceite de cociña usado, dirixida a todos os monfortinos e monfortinas. Este programa de carácter informativo e educativo está organizado polas Concellerías de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Monforte.

“Baixo o lema Reciclando aceite evitas que se contamine a auga”, sinala o rexedor monfortino, “o noso obxectivo é informar ós nosos veciños e veciñas, así como os alumnos e alumnas dos centros educativos de Monforte sobre necesidade de reciclar axeitadamente o aceite de cociña usado, a través dos contedores que o Concello ten instalado en distintos puntos da cidade”.

“O obxectivo final é conseguir un aumento no volume de aceite recollido, tendo en conta que cada litro de aceite de cociña usado contamina 1.000 litros de auga”, destaca José Tomé.

Neste senso, o Concello instalará a vindeira semana 6 novos contedores urbanos para a recollida de aceite usado, que se engaden ós 14 xa existentes en distintos puntos da cidade.

Os novos contedores están localizados nas rúas Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Fereiro, Reboredo, Cobas, Corredoira e Chantada.

Os 14 colectores restantes sitúanse nas rúas Roberto Baamonde nº 110, Leopoldo Calvo Sotelo nº65, no Barrio da Pínguela xunto á illa de reciclaxe, na rúa Chantada nº 123, na rúa Corredoira na entrada do Hospital, na rúa Escultor Francisco Moure nº 26, en San Pedro nº

41 entrada Instituto Río Cabe, na Avenida de Galicia na entrada ó aparcamento de Familia, na rúa Ourense esquina rúa Teceláns, en Malvaron con rúa Benito Vicetto, na Praza de Carude, na rúa A Coruña fronte a gasolineira, na praza Doutor Goyanes con rúa Hortas e rúa Morín fronte á rúa López Suárez. O Concello de Monforte leva recollendo aceite usado 15 anos seguidos, dende 2007.

A campaña dará comezo hoxe venres 11 de novembro con charlas a alumnos e alumnas de distintos centros educativos de Monforte e se prolongará ata o vindeiro xoves 17. Ten por obxectivo informar ós veciños e veciñas sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe deste residuo que se xera nas cociñas dos fogares e que é altamente contaminante para a auga, se non se recicla axeitadamente nos contedores habilitados para elo.

A campaña informativa, ademais das charlas en centros educativos de Monforte, contará tamén con accións a pé de rúa a través de carpas informativas, e unha charla informativa na Casa da Cultura, o vindeiro mércores 16 de novembro ás 6 da tarde e dirixida a toda a cidadanía.

Nestas accións farase un reparto de información directa ó cidadán, a través de panfletos e tamén se obsequiará os participantes nas diferentes actividades cun funil promocional.

reciclaxe aceite monforte

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16888189315796