Culturactiva leva a súa obra ‘Castelao’ a Quirorga

RibeiraSacraXa
A función terá lugar o vindeiro 4 de decembro no Auditorio Municipal
castelao-culturactiva
3 Dec 2024

Culturactiva Produccións presenta este mércores en Quiroga a obra “Castelao”. Esta actividade está organizada pola área de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga en colaboración coa área de cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial e o CEIP de Quiroga.

O Auditorio Municipal acollerá esta proposta escénica para os máis pequenos a partir das doce e media do mediodía.

Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai.

Trátase dunha obra divertida á par que reflexiva sobre a última tarde que Castelao pasa en Rianxo antes de coller o barco para ir para Arxentina. Cun texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena, a obra mostra a un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da trama.

0.17320704460144