Comeza a programación de outono no Ateneo de Monforte
Este venres 1 de outubro ás 20.30 horas, o Ateneo acollerá un acto poético no que o escritor Juan Labaredas presentará o seu primeiro poemario, titulado De Visu, Ese enigma inalcanzable.
Juan Labaredas, heterónimo de Juan Manuel Rodríguez Pérez, é natural de Sober aínda que actualmente é veciño de Monforte de Lemos. Lector voraz, escribe dende os 13 anos, aínda que sen chegar a publicar.
Agora, baixo o selo Peruchela Edicións, saca á luz un poemario, unha colección de "instantes apresados", inspirados na realidade cotiá. De Viso é unha lectura co que autor busca suscitar "a reflexión sobre nós mesmos e as nosas debilidades, coa parodia persoal como elemento vertebrador".
Na presentación participarán a editora Rocío Rodríguez e Marina Doutón, amiga do autor. Convidarase aos asistentes a un petisco cun viño da adega Terra Brava.
O acto estará aberto á participación de quen se anime a recitar algún poema. A asistencia é libre, previa reserva no teléfono 648 435 033.