Chantada celebra o venres o Día d@ nen@

RibeiraSacraXa
A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra organiza este vindeiro venres día 10 de setembro o Día d@ nen@.
XOGOS TRADICIONAIS3
8 sep 2021

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra organiza este vindeiro venres día 10 de setembro o Día d@ nen@. Así pois, neste día haberá inchables, master class de cociña, xogos populares e tamén se poderá gozar de música grazas a unha charanga.

O horario no que se levará a cabo é de 16.30 a 20 horas no parque Eloísa Rivadulla, no Concello de Chantada.  Ademais, dende a organización infórmase que haberá aforo limitado e que será preciso cumprir coas medidas sanitarias correspondentes.

Por outra beira, para poder participar, é necesario apostar polo comercio local. Así pois, hai que facer unha compra nos establecementos asociados os días 9 ou 10 e poderase acceder presentando o ticket.

Finalmente, lémbrase que esta actividade levarase a cabo sempre e cando as condicións climatolóxicas o permitan.

dia do neno chantada cartel
0.11142206192017