Chantada acolle unha exposición de pintura de Suso Talento

RibeiraSacraXa
Chantada acolle na Casa da Cultura unha exposición de pintura de Suso Talento. A mostra conta con obras de diferentes temáticas.
cartel exposicion chantada (1)
7 Out 2021

Chantada acolle na Casa da Cultura unha exposición de pintura de Suso Talento. A mostra conta con obras de diferentes temáticas, así coma unha variedade de lugares e espazos.

O artista, nado no Saviñao, conta cunha larga traxectoria e xa realizou varias exposicións das súas obras pola zona. Así mesmo, a mostra poderase visitar nos meses de outubro e novembro e os horarios son de luns a venres, de 10 a 14 horas e de 16 e 20 horas e os sábados tan só en horario de mañá, de 10 a 14 horas.

Por outra beira, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes, para que todas aquelas persoas que desexen visitar esta exposición poidan facelo de forma segura.

cartel exposicion chantada
0.14037203788757