A Pobra do Brollón organiza unha xornada de recollida de plásticos agrícolas

RibeiraSacraXa
Será este mércores, 5 de marzo, e está dirixida a agricultores e gandeiros
plasticos-agricolas
3 Mar 2026

O Concello da A Pobra do Brollón organiza unha xornada de recollida de plásticos agrícolas o próximo 5 de marzo, dirixida a agricultores e gandeiros do municipio.

A iniciativa pretende ofrecer unha solución segura e controlada para o plástico empregado na actividade agrícola, como bolsas de silo ou plásticos de invernadoiro, evitando o vertido ou a incineración incontrolada que provoca un deterioro progresivo e acumulativo do medio ambiente, ademais de un grave impacto paisaxístico.

Para facilitar a xestión, o Concello pon ao dispor dos e das usuarios/as unha rede de puntos de acopio onde poderán depositar os seus plásticos agrícolas, que serán recollidos directamente polo propio Concello durante esa xornada.

Desde o Concello lembran que é responsabilidade dos agricultores e gandeiros recoller e xestionar correctamente os plásticos xerados na súa actividade, contribuíndo á preservación do entorno e á sustentabilidade do sector agrícola local.

0.12981700897217