A Pobra de Trives prepárase para o XXI Desfile de Folións dos Labregos
RibeiraSacraXa
Será o vindeiro 8 de febreiro polas rúas da vila

2 Feb 2026
O próximo 8 de febreiro, A Pobra de Trives acollerá o tradicional XXI Desfile de folións Dos Labregos, unha xornada chea de festa, tradición e animación. O Entroido sairá ás rúas do municipio para encher de música e ledicia as rúas.
O desfile comezará na Finca da Barreira e finalizará na Praza do Concello. As persoas interesadas poden consultar o percorrido completo no mapa e unirse a esta celebración tan esperada polos veciños e visitantes.