A Festa do Caldo de Ósos de Taboada presenta o cartel da súa trixésimo cuarta edición

Taboada prepárase para acoller a XXXIV Festa do Caldo de Ósos, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de febreiro, e que vén de presentar o seu cartel oficial, obra do deseñador Antón Lezcano.
O cartaz amosa unha imaxe impactante e chea de simbolismo, na que a pota/porquiño se converte na protagonista dun caldo que desprende tradición e identidade. Esta creación visual rende homenaxe á cunca, á mesa e á xente que fan desta festa un referente da cultura popular.
Nos próximos días farase público o programa completo, así como o nome da persoa encargada do pregón, os restaurantes participantes e todas as actividades que convertirán Taboada no epicentro da gastronomía e da cultura da Ribeira Sacra durante esa fin de semana.