A Deputación de Ourense e o Concello de Manzaneda reforzan a súa colaboración

A Deputación de Ourense reforza a súa colaboración co Concello de Manzaneda tras unha reunión celebrada a pasada semana entre o presidente da Deputación, Luis Menor, e o novo alcalde de Manzaneda, Pedro Yáñez.
Neste primeiro encontro de traballo trataron as principais necesidades do municipio, centrando a atención en actuacións para mellorar as estradas provinciais e vías municipais. Tamén abordaron cuestións relacionadas coa eficiencia enerxética, o abastecemento de auga e o acceso á Estación de Montaña de Manzaneda.
O obxectivo destas iniciativas é mellorar a mobilidade, a calidade de vida dos veciños e potenciar a economía local. Con esta reunión, a Deputación reafirma o seu compromiso de colaborar cos concellos para avanzar en infraestruturas e servizos que fagan de Manzaneda un lugar máis habitable.