A Deputación adxudica a mellora de sete quilómetros na LU-P-5903 entre Sober e Doade

RibeiraSacraXa
Afectarán ao primeiro treito desta vía, entre o quilómetro 1,3 ao 8, e contarán cun prazo de execución de 2 meses
Pablo-Rivera-Capón
Pablo Rivera Capón, Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo
13 Feb 2026

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación da mellora de sete quilómetros ao inicio da LU-P-5903, entre Sober e Doade.

Os traballos serán levados a cabo pola empresa Fevisa Vías y Obras SL e afectarán ao primeiro tramo da vía desde, o quilómetro 1,3 ao 8, cun prazo de execución de 2 meses. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación

Trátase, segundo destacou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, tras a reunión deste venres, “dunha vía fundamental para a Ribeira Sacra polo que supón tanto para o turismo como para o sector vitivinícola”. Os traballos, avanzou, “terán un impacto moi importante, porque esta vía dá acceso a miradoiros, bodegas e explotacións de viño, sendo unha infraestrutura clave para o desenvolvemento da economía local. En base a esa importancia, levamos investidos máis de 700.000 euros nesta estrada nos últimos seis anos”.

⚙ Configurar cookies
0.066557884216309