A casa de Novoneira acolle o sábado un espectáculo de danza baseado nun dos contos do poeta
A compañía galega Kirenia Danza presenta, na casa da Fundación Uxío Novoneyra no Courel, un espectáculo de baile baseado nunha obra do poeta. Será o vindeiro sábado día 27, a partir das 19.30 horas.
A actuación, que se desenvolverá no exterior, interpretará o conto 'Vagaface, Brumalión e o can de pedra', de Uxío Novoneira, que dá base a unha interpretación bailada pola bailarina Kirenia Martínez Acosta e o actor Xoel Álvarez. Ao remate do espectáculo desenvolverase un coloquio coas persoas que acudan ao evento.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en asistir deben reservar a súa localidade chamando ao 671 445 247 ou a través do correo info@uxionovoneyra.com.
A presentación a cargo de Kirenia Danza enmárcase dentro dun programa de difusión do Xeoparque Montañas do Courel que traerá máis artistas escénicos galegos á zona.